lunes, 12 de junio de 2023

Cronica

  O pasado fin de semana os días 20 e 21 de maio os de Paso Miúdo fomos ata a serra do Courel unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga.

A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica . Algúns relaciónano co latín : quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.

Ten unha extensión de 21.020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galicia. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galicia (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de Uru (Bos primigenius) achados en todo o país.

Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxio Novo Neyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

O noso punto de destino para pasar o fin de semana é Paderne unha aldea do concello de Folgoso do Courel situada a 901 m de altitude que pertence a parroquia de Meiraos pose a segunda devesa mais grande de O Corel despois da da Rogueira, aquí esperabanos Marcos, un guía do Courel e socio de Paso Miúdo despois de darnos unha breve explicación da aldea no cal nos di que ten a capela de San Martin na cal se conserva a imaxe de Santiago Peregrino, e que no Castro de Paderne a 300m da aldea apareceron restos de cerámica, un foso e restos de unha posible torre.

Tamén nos di que en Paderne son famosas “As tecedeiras” polo seu traballo en lino e tamén na sua epoca a orquestra “Os Padernes” fundada polos irmáns Raposo , chegaron a existir tres bandas ao mesmo tempo : Os Vellos , Os novos e a terceira orquestra e houbo baile na cantina dende antes da guerra a onde asistían mozos do contorno (Seoane, Lóuzara e de outros lados a bailar coas mozas de Paderne).

A señora Carmen de Rodrigo e unha gran coñecedora das plantas da zona e das súas propiedades curativas.

Paderne posúe un importante souto con curiosos castaños algúns recordan “O Cachoupo” que pintara Castelao, O mais interesante de Paderne son aas súas devesas Grande e Pequena con gran variedade de arbores e arbustos autóctonos onde se refuxian gran cantidade de animais. Na devesa Pequena hai unha capilla de dedicada a San Lorenzo, na devesa Grande esta a fonte de Valiña Ancha e a cova de Chao que conta con unha sala de estalactitas e estalagmitas.

Logo de comer Marcos lévanos ata o Alto do Couto, onde comezamos a ruta , cruzando entre coníferas e unha espesa área boscosa que nos levará, a continuación, a descender polo val do cauce del Rego da Rogueira. É na parte alta da devesa na que apreciamos a gran riqueza botánica dos bosques atlánticos, con incontables carballos, castaños, acevos, bidueiras, arandos, faias e freixos ao noso paso. A devesa da Rogueira e a xoia ecolóxica da serra, con 3 quilómetros cadrados de bosque primario e unha impresionante diversidade arbórea, a fauna non desmerece a flora. os regatos que baixan formando cascadas acollen especies endémicas no norte peninsular como o tritón ibérico ou a ra patilarga. A devesa protexe corzos, martas, delunciñas, furóns, garduñas, gatos monteses e leiróns

Seguimos a nosa ruta para volver o punto de inicio facendo un desvío a través de A Fonte do Cervo, tamén chamada Fonte da Fame, formada por dous manantiais que brotan de una parede rochosa, un de agua calcaria e outro de agua ferruxinosa, seguindo este desvío chegamos a Boca da Rogueira onde nos ofrece unhas vistas incomparables da Serra do Courel.

Dende aqui xa todo é costa abaixo e unha vez subidos ao autobús volvemos a Paderne para cear non sin antes facer un pequeno tour por Seoane por non ter onde xirar.

Logo de xantar fixemos unha reunión no salón da casa onde nos quedamos para degustar o licor café que trouxemos para celebrar o evento, logo cada un para a sua cama para facer o día seguinte a ruta do río Pequeno.

Comezamos descendendo cara o río por bosques de castaños, por unha ponte de madeira cruzamos o regato do río Miraz, afluente do Río Pequeno, seguimos baixando e chegamos ao desvío que nos leva ata o Pozo da Grada que segundo conta a lenda di que que un veciño de Miraz tiña unha vaca que pariu dous becerros. E cando os becerros xa eran grandes, cando estaban pacendo nun prado picounos a mosca e foron caer ao Pozo da Grada. Mais non afogaron. Aquel home viu como de alí a un pouco saía daquel pozo unha moura cos becerros xunguidos tirando pola campá maior que agora está na igrexa de Meiraos.

A igrexa de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel (Lugo), ten catro campás grandes e unha pequena. Unha vez, unha destas campás, levoulle a cabeza ao home que a estaba tocando.

Antigamente (agora xa non é tan potente pois sufriu reformas) só podían tocar a meirande destas campás os xordos, tan potente era o son, e non podían andar nos arredores as mulleres preñadas pois poderían malparir como consecuencia das vibracións do seu son.

Seguimos o río que discorre encaixado entre verticais paredes de rocha, envoltas en vexetación, con algúns saltos de agua.

Separamos do río, recorrendo bosques de castaños centenarios os cales os seus troncos son auténticas esculturas naturais pasando por conxuntos de interese etnográfico, como las Cabanas de Caseliña, Cabanas dos Corvos, e Cabanas de Carballois.

Pasamos pola aldea de O Mazo, onde as casas foron restauradas, funcionando actualmente como aldea de turismo rural.

Toda a vida deste pequeno enclave del século XVII xiraba en torno ao traballo do ferro. O “mazo” ao que debe o seu nome era a enorme ferramenta que se usaba para forxar o metal.

Pero todo ten un final. Co paso do tempo e a evolución industrial, a vida na aldea, o seu entorno e as súas tradicións foron desaparecendo ata quedar abandonada e en ruínas. De este modo foron pasando os últimos vinte e cinco anos.

E nese momento cando se decide que o incrible entorno no que se encontra a aldea, o esu estilo de vida e a paz que sempre se respirou nela estiveron demasiado tempo desaproveitados, e lánzanse a enorme aventura de volver a dar vida a O Mazo.

Este pequeno pobo era un exemplo perfecto da arquitectura da zona, totalmente construído en pedra e alimentado polos recursos naturais do entorno,

Seguimos a nosa viaxe n medio de soutos de castaños ata chegar a Seoane do Courel, antigamente era a capital do concello, pero solo mantivo ese rango ata a guerra civil. A capitalidade foille conferida no ano 1834, xunto ao tratamento de vila, ata que lle fue retirada en favor de Folgoso por razóns aínda descoñecidas. Non obstante, sigue mantendo o carácter de capital municipal, concentrando un bon número de servizos, que se reflexa na feira que se celebra o segundo e o cuarto domingo de cada mes.

E aquí onde esperamos a que veña a buscarnos o autobús tomando un refrixerio antes de ir a comer para seguidamente despedirnos da aldea de Paderne non sin antes comprar mel para levar.

Vémonos na seguinte ruta no mes de xuño onde volveremos ao Camiño do Cantábrico.



Powered by Wikiloc


Powered by Wikiloc